Sobre min

Antonio Luz, ou simplemente Tito, como lle chaman os seus amigos, naceu en Nocelo da Pena, no municipio ourensán de Sarreaus. Unha pequena aldea da Galicia rural; e dúas cousas marcan a súa infancia e todo o que virá despois: o propio país e a música.

Nieto, neto e fillo de emigrantes. O seu avó materno naceu na Habana (Cuba), un país ao que admira a súa arraigada tradición musical.

Eminentemente autodidacta, tanto no canto coma nos instrumentos que acaricia: guitarra flamenca, piano e gaitas. Precisamente son as gaitas, o primeiro instrumento co que entra en contacto. Antonio Luz, medra entre a paixón pola música tradicional galega e o flamenco. Criado nunha familia con raíces flamencas, bebe deste inesgotable pozo da cultura musical, crecendo entre o soleá, o fandango ou a bulería. Esta inusual mestura de estilos impregna a súa forma de interpretar e compoñer. Do seu pai, Alfredo Álvarez toma a forma característica de cantar e sentir os estilos flamencos, e do seu tío Sandro, o xeito de expresalos á guitarra. En Galicia combina concertos con masas flamencas, ao mesmo tempo que imparte clases de guitarra, adestrando a varios músicos doutras disciplinas, en guitarra flamenca.

En 2019 lanza “Entroido”, sinxelo que define a celebración desta festa na provincia de Ourense, mesturando ritmos caribeños cunha estética urbana e actual. Este traballo será a porta de entrada para varias emisoras de radio autonómicas e para a Tvg.

Trala súa chegada a Madrid, comeza a ter contacto con varios artistas do panorama musical, entre os que se atopa o produtor David Santisteban. É precisamente Santisteban, quen se fixa nas súas composicións e decide producir o que será o seu primero disco, “28 Besos”. Son 10 cancións compostas por Antonio Luz, e onde participan músicos de la talla de Toni Mateos, Jan Ozveren, José Manuel Posadas Popo, Ludovico Vagnone ou Oscar Clavel, entre outros.

Deste disco, lanza o primeiro sinxelo “Pícara”, en Marzo do 2020, e o segundo titulado “Morena”, en Maio do mesmo ano.

Entre medias, e en plena pandemia do COVID19, compón e graba dende a súa casa “Ángeles sin Alas”, un canto a tódolos traballadores que estiveron en primeira liña, ao longo da crise sanitaria. “Ángeles sin Alas” (Volverá la Vida) faise viral rápidamente, chegando en pouco tempo a superar o medio millón de visualizacións. Numerosos medios nacionais e autonómicos, artistas e personalidades varias, fanse eco da canción. Miguel Bosé difúndea en tódalas súas redes sociais, dando así visibilidade a un traballo que xa pasa a ser, un dos himnos da loita contra a pandemia.